Novidades

É xusto dicir que este proceso participativo da Piscina Vella tivo unha boa aceptación na cidadanía lalinense, a pesar das dúbidas iniciais que espertou nos veciños. Na primeira fase participaron 501 persoas, ademais de asociacións e grupos de interese do concello, mentres que na segunda fase votaron 535 persoas.

Está dispoñible o informe de participación cidadá co resumo dos resultados obtidos do proceso participativo da piscina vella.

No apartado de documentación está dispoñible o PDF con toda a información.

Para poder cumprimentar cuestionarios, enviar propostas, acceder a máis contidos, ... é preciso rexistrarse neste portal.

Podes rexistrarte máis rápido empregando a túa conta de facebook ou google. No caso de que non dispoñas de ningunha das anteriores basta con cumprimentar o seguinte formulario e confirmar a túa alta indo a ligazón que se che envía por correo electrónico.

 

Podes ver no seguinte vídeo unha mostra de como sería o proceso de alta e navegación polos contidos para usuarios rexistrados.

Vense de publicar o estudo sociodemográfico que serve como punto de partida ao proceso, este estudo permite coñecer a realidade social do Concello de Lalín. Unha realidade que será a base na que se fundamentará o proceso participativo e no que a vertente humana é fundamental.

O proceso participativo comezou cos mais pequenos, visitando os nenos de 5º e 6º de primaria dos CEIPs de Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e Xesus Golmar e o Instituto Ramón Mª Aller Ulloa, en total uns 200 alumnos.

Nestas visitas explicase aos estudantes en que consiste o proceso participativo da Piscina Vellla, e recóllense as opinións dos alumnos, mediante unha "plantilla" para os máis pequenos e unha enquisa para os alumnos de secundaria.

Sen canles, sen proceso, sen medio de participación, non é posible a implicación das persoas. Os procesos participativos son ferramentas necesarias para promover a fase deliberativa e contrastar distintas perspectivas antes de tomar decisións sobre cuestións de interese público.