Participa Lalín achégase aos rapaces

09:43 - 25 de Maio de 2017
Imaxe do CEIP Xesus Golmar

O proceso participativo comezou cos mais pequenos, visitando os nenos de 5º e 6º de primaria dos CEIPs de Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e Xesus Golmar e o Instituto Ramón Mª Aller Ulloa, en total uns 200 alumnos.

Nestas visitas explicase aos estudantes en que consiste o proceso participativo da Piscina Vellla, e recóllense as opinións dos alumnos, mediante unha "plantilla" para os máis pequenos e unha enquisa para os alumnos de secundaria.

Exemplo de unha das plantillas para os alumnos de infantil

Nos próximos días os técnicos seguirán desprazándose ao resto dos centros educativos do concello de Lalín, para coñecer a súa opinión.

Os resultados deste proceso mostraranse nunha exposición onde se mostrará todo o proceso dende o seu inicio.