Publicado o estudo sociodemográfico do Concello de Lalín

09:39 - 31 de Maio de 2017
Estudo Sociodemográfico do Concello de Lalín

Vense de publicar o estudo sociodemográfico que serve como punto de partida ao proceso, este estudo permite coñecer a realidade social do Concello de Lalín. Unha realidade que será a base na que se fundamentará o proceso participativo e no que a vertente humana é fundamental.

Como é lóxico, unha parte importante do proceso de participación social é a opinión da cidadanía que será recollida por medio da realización de enquisas e talleres de traballo en equipo. As enquisas adoitan ser, en moitas  ocasións, un  primeiro contacto coa realidade que nos interesa coñecer e delas, posteriormente, extraerase un estudo de tendencia sobre do fenómeno enquisado (neste caso a opinión sobre o futuro uso da Piscina Vella).

O estudo sociodemográfico está dispoñible no apartado de Documentación.

Proceso