Comeza o proceso participativo para a Piscina Vella

17:33 - 01 de Maio de 2017
Participa Lalín

Sen canles, sen proceso, sen medio de participación, non é posible a implicación das persoas. Os procesos participativos son ferramentas necesarias para promover a fase deliberativa e contrastar distintas perspectivas antes de tomar decisións sobre cuestións de interese público.

É pois unha necesidade na medida na que os gobernos locais non poden facer fronte sos ás complexas transformacións nas que nos atopamos debido o contexto socioeconómico presente. A especial sensibilidade dos asuntos públicos xunto co afastamento dos cidadáns cara as institucións, esixe configurar procesos de profundización democrática que, como complemento ao modelo de democracia representativa, permitan ao goberno local  contar coa voz e a opinión da cidadanía na formulación de políticas públicas. Esta escenario permitirá adoptar mellores e máis eficaces decisión.

No caso do proceso participativo da Piscina Vella (antiga piscina climatizada) o goberno local,   comprométese a levar a cabo a consulta cidadá e a execución dos novos usos da piscina, sempre que se atenda aos criterios técnicos de viabilidade do proxecto e os límites económicos dispoñibles.

Proceso