Obxectivos

Participa Lalín ten como finalidade a construción dun Lalín mais sostible e inclusivo por medio da colaboración e o diálogo entre os veciños e veciñas e mais os representantes municipais. Baixo esta premisa inicial, este programa establece os seguintes obxectivos:

  • Coñecer as necesidades e intereses da cidadanía de Lalín.
  • Impulsar os cambios precisos para potenciar unha cultura participativa e colaborativa na xestión municipal  
  • Promover a cohesión social no concello.
  • Impulsar medidas e proxectos adecuados á problemática social de Lalín, xurdidas dos procesos participativos.