Piscina Vella

O concello de Lalín é consciente de que a participación activa da cidadanía nos asuntos públicos contribúe a mellorar a calidade da democracia. É pois unha necesidade na medida na que os gobernos locais non poden facer fronte sos ás complexas transformacións nas que nos atopamos debido o contexto socioeconómico presente. A especial sensibilidade dos asuntos públicos xunto co afastamento dos cidadáns cara as institucións, esixe configurar procesos de profundización democrática que, como complemento ao modelo de democracia representativa, permitan ao goberno local  contar coa voz e a opinión da cidadanía na formulación de políticas públicas. Esta escenario permitirá adoptar mellores e máis eficaces decisión.

No caso do proceso participativo da Piscina Vella (antiga piscina climatizada) o goberno local,   comprométese a levar a cabo a consulta cidadá e a execución dos novos usos da piscina, sempre que se atenda aos criterios técnicos de viabilidade do proxecto e os límites económicos dispoñibles.

Polo tanto os compromisos adoptados son:

  • Informar e asesorar sobre o proceso participativo.
  • Estudar e divulgar os usos propostos pola cidadanía para a antiga piscina climatizada.
  • Estruturar as propostas, ideas e necesidades viables aportadas polos veciños e veciñas.
  • Levar a cabo a proposta escollida pola cidadanía, mediante un concurso.

Documentos do proceso