Que é a participación cidadá?

No ano 2017, o Concello de Lalín, pon en marcha o programa Participa Lalín de consulta cidadá, co obxectivo de promover un concello máis igualitario e inclusivo. A participación cidadá é un instrumento de democracia directa para favorecer a fase deliberativa e o contraste de perspectivas diferentes na toma de decisións, sobre temas de interese público, mediante a consulta e dialogo ca cidadanía.

Participa Lalín quere implicar a poboación do concello nas tarefas de goberno. Grazas a este programa  favorecese a participación activa da cidadanía na conformación das políticas públicas. O Concello de Lalín quere escoitar as veciñas e veciños e beneficiarse do seu coñecemento e experiencia para desenvolver medidas e proxectos efectivos en beneficio de toda a sociedade.

Este programa englobará os procesos participativos municipais, favorecendo o intercambio de información e a transparencia entre o goberno e a cidadanía. A través deste espazo web será posible saber o resultado dos procesos rematados ou seguir o estado dos procesos participativos abertos. Cada veciño que o desexe poderá participar destes procedementos democráticos a través do aporte de suxestións e comentarios ou por medio de enquisas e cuestionarios de participación que farán posible que todos os lalinenses teñan voz e voto na toma de decisión municipal.